25 ANIVERSARIO

(1987-2012) 
Grazas a todos e todas pola vosa participación no noso vinte e cinco aniversario. Vos esperamos dentro doutros vinte e cinco anos para celebralo de novo.






Ola a todos e todas. Como comentabamos imos lembrar os vinte e cinco anos da nosa radio escolar con varios eventos. Ante todo como fundador e coordinador da radio ó longo de todos estes anos, quero agradecer a todos e a todas o voso traballo e a vosa participación neste proxecto que hoxe está de aniversario. Sen vós sería imposible que chegaramos ata aquí. Mención especial a tódolos nenos e nenas que no tempo de recreo están nos estudios falando, ó mando dos controis, colaborando...e como non a tódolos mestres e mestras. A todos e a todas FELICIDADES!. ESTAMOS DE ANIVERSARIO!.

O día 19 de outubro comezaremos oficialmente os distintos eventos para conmemorar esta data. Imos poñer vinte cinco programas dos máis antigos, para que poidades escoitalos e quen sabe se recoñecervos. Cada venres, dende o 19 de outubro ata o 31 de maio, teremos un programa nesta sección ata completar eses vinte e cinco, un por cada ano de existencia. Unha aperta a todos e todas. 

PROGRAMAS 25 ANIVERSARIO

VÍDEOS COMENTANDO A EXPERIENCIA DE RADIO ESCOLAR
(Envíanos o teu vídeo a dedicatoriasres@gmail.com    )



Ola a todos e a todas. Imos estar de aniversario, unha data moi especial 
xa que facemos vinte e cinco anos de radio escolar. Vos lembrades aló polo 
curso 1987/1988 cando cun amplificador, un micrófono, unha pletina e un 
altofalante, pero con moita, moita ilusión comezamos a nosa andaina? Pois 
xa van vinte e cinco anos. Hoxe contamos con máis medios, cun local máis
 amplo, con máis altofalantes, pero hai algo que non mudou, a ilusión. 
Seguimos  a ter a mesma ilusión e ánimo que cando comezamos aló polo 
outubro de 1987.Nesta data tan especial queremos contar con todos 
aqueles e aquelas que formastes parte deste proxecto, os locutores, 
os encargados de controis, os colaboradores, os mestres e mestras, 
en fin con todos vós. Para lembrar este acontecemento gustaríanos contar
 coa vosa colaboración e coas vosas suxerencias.
As actividades que temos en mente realizar son:
  • Dixitalizar vinte e cinco programas de radio, daqueles que tiñamos en cassette. Vos lembrades?
  • Facer unha exposición fotográfica sobre  a radio.
  • Elaborar un vídeo coas vosas lembranzas na radio.
  • Realizar unha xornada de portas abertas coa realización dun programa de radio.
  • Elaborar un programa de radio por parte de tódolos mestres e mestras do claustro para lembrar este acontecemento.
Se queres colaborar ben enviando algunha fotografía, participar coa túa opinión, lembranzas ou anécdotas na elaboración do vídeo envíanos un correo electrónico ó enderezo:


 indicando o teu nome e no que estarías diposto ou disposta a axudar. Tamén se tes algunha suxerencia achégaa por este medio.
GRAZAS A TODOS E A TODAS DE ANTEMÁN!

Xa temos a gañadora do concurso "Fai un logo para a radio escolar". Foi Oriana de 6º de Primaria. De seguido tedes unha foto dalgúns logos feitos e tamén a do logo gañador.

Conxunto de imaxes do concurso "fai un logo para a radio escolar"


LOGO GAÑADOR 

Imaxe dunha cara sorrinte co texto Radio escolar Sanguiñeda


1 comentario:

Anónimo dijo...

Recordaranse aos antigos alumnos?