ALGO DE HISTORIA

A Radio Escolar Sanguiñeda naceu na nosa escola aló polo ano 1987, en concreto no mes de outubro dese ano. Con pouco medios, pero con moita ilusión comezamos traballar para poñer en marcha un proxecto que ano tras ano non fixo máis que medrar. Hoxe podemos dicir que a radio escolar é un dos pilares que nos define. A radio está presente en moitos intres da xornada escolar, a música nos indica a entrada ao colexio, o tempo de recreo e tamén o intre de marchar para casa. 
Non cabe dúbida que esta experiencia é un elemento moi importante na consecución das distintas competencias educativas, sobre todo na competencia lingüística. Algúns dos obxectivos que pretendemos son:

* Achegar ó alumnado a un medio de comunicación.
* Fomentar a mellora da expresión oral.
* Contribuír á utilización da lingua galega como medio de comunicarnos entre nós.
* Crear unha canle que permita un mellor achegamento ao entorno.
* Contribuír ao mellor coñecemento  da nosa cultura.
* Favorecer a creatividade individual.
* Fomentar o traballo en equipo.
* Contribuír ao mellor coñecemento da nosa lingua.
* Fomentar a interrelación persoal.
* Crear un medio de participación e integración na dinámica do centro educativo.
  
Como diciamos máis arriba a nosa radio ten unha presenza moi activa na  actividade diaria do colexio, por unha banda está a elaboración de programas a nivel de aula no que participa todo o alumnado e profesorado do centro segundo un calendario que se establece ao inicio do curso. Os nenos e nenas dende Educación Infantil de 3 anos ata o alumnado de 6º de Primaria fan un mínimo de tres programas ao longo do curso.
Por outra banda están os programas diarios, de luns a venres e no tempo de recreo, neles todos aqueles alumnos e alumnas que o desexan participan ben como locutores, téncicos ou corresponsais na programación diaria na que hai novas nacionais e internacionais, deportes, concursos, dedicatorias de música ... 
Tódolos programas de aula son dixitalizados e colgados na nosa web e no blog da radio para que todas as familias poidan escoitalos.
Ó longo destes anos temos participado en distintas experiencias radiofónicas como a elaboración de programas en emisoras comerciais, Ponte Nas Ondas e mesmo a emisión de programas en directo a través da desaparecida emisora Radio Mos.

Imaxe nos inicios da radio


Imaxe máis actual

1 comentario:

Unknown dijo...

¡Dios mio! ¡Qué recuerdos! Hace ya 10 años que el CEIP no es mi "cole" y todavía recuerdo los buenos momentos que pasaba con Carlos en la Radio. Da gusto ver como el colegio evoluciona y se moderniza y que las nuevas generaciones se preparan cada vez mejor.
Una antigua alumna echa de menos esos recreos en la Radio con la programación semanal de "Novas do día", "Novas da Louriña", "Música para os máis pequenos" ... Os animo a que sigáis así o mejor.
Un saludo y un abrazo muy fuerte.
Gloria Pérez Fernandes